miércoles, 11 de noviembre de 2009

SENDEIRO DE VISANTOÑA

Son catorce kilómetros de percorrido que descobren un patrimonio descoñecido que a asociación de veciños O Noso Lar de Visantoña , empeñouse en poñer en valor creando un roteiro de

sendeirismo que, ademáis, será o primero homologado da comarca de Melide. O colectivo veciñal do concello de Santiso rematou o pasado sábado, os traballos de señalización do sendeiro empezados un ano atrás, cos trámites necesarios pa que reciba a correspondiente homologación da Federación Galega de Montañismo.
A acreditación esperase obtener este mesmo mes, según as previsions do presidente da asociación de veciños, Manuel Adán, que formou parte do grupo de vinte voluntarios que adicaron parte do seu tempo libre do fin de semana a realizar as labores de acondicionamiento y señalización dunha ruta de sendeirismo que discorre polos principais sitios de interés turístico de Visantoña. É un percorrido circular de baixa dificultade polos lugares de Seoane, Vilar de Ferreiros, O Ribeiro, A Liñeira y Balocás, e remata en Pazos, outros tantos castros, un conxunto de mámoas, un complexo de vellos muiños e o sempre chamativo embalse de Portodemouros, todo debidamente indicados con paneis explicativos.

A iniciativa foi promovida pola asociación de veciños de Visantoña non só para poñer en valor o patrimonio da parroquia, que presenta diferentes grados de conservación. Ese legado é reclamo da ruta de sendeirismo que o colectivo decidiu crear o considerala «moi positiva para as casas de turismo rural e outros establecementos de hostelería que hai na zona», explica Manuel Adán, que concibe na homologación da Federación Galega de Montañismo como unha garantía para a aceptación do sendeiro. «A homologación é moi complicada, pero abre moitas portas de cara á promoción», afirma Adán. O recoñecemento oficial da ruta de senderismo «é un valor engadido», sosten o presidente do colectivo veciñal de Visantoña o fio de explicar que a distinción obriga a conservar o sendeiro en bon estado pa superar las probas que cada ano fai a Federación Galega de Montañismo.
Unha vez a ruta de sendeirismo esté oficialmente homologada,dende a asociación de veciños

O Noso Lar e a asociación cultura e deportiva
Aires da Beseña faran unha convocatoria os veciños tanto do concello de Santiso coma dos concellos veciños pa facer en grupo o percorrido, que foi pensado de tal forma que pode facerse a pé, en bicicleta ou a caballo e desde os mais pequenos ata os nosos maiores.

1 comentario:

J.L.Nuñez Amboage dijo...

Moi ben,quero mandar ánimos e decir que non só se pon en valor o noso patrimonio,senon que se potencia o traballo en equipo,a unión e a colaboura de todos os que queren participar. Un saudo agarimoso